as miñas mulleres


1 Xullo 2007, 12:59 pm
Gardado en: pequenas pegadas

Unha noite. A voltas por aí. Bicando a unha muller, bicando a outra.

E non lembro con quen fixen algunha das cousas que sei que fixen nesa noite.

A noite rematou sen chegar a ningures. Nin mollei ca primeira nin coa segunda.

Se cadra o alcohol é un mal compañeiro cando queres mollar algo mais que a palleta.

duas.jpg



a frase do día
27 Marzo 2007, 10:17 pm
Gardado en: pequenas pegadas

‘El onanismo y la pornografía son fuentes eternas de sabiduría’
Def Con Dos

Home, podía ser peor. Podía facer apoloxía da violencia e non das relacións interpersoais.



Detalles
18 Marzo 2007, 6:55 pm
Gardado en: pequenas pegadas

A miña afición polas medias da que falaba o outro día ven de lonxe. Supoño que ten que ver cas topicas imaxes da miña aprendizaxe sexual. Revistas atopadas en faiados, e lidas ás agochadas. Cando o porno non entraba ainda nas casas pola rede.
Con todo non foi tan frecuente que atopara mulleres que as levaran ou as quixeran levar para min, supoño que por iso ainda me fan gracia.
ashanti.jpg
Case sempre que atopei con quen xogar e que levara medias foi unha sorpresa.
Se as levan por gusto mellor para min, e se tentan gustar ós homes paréceme ben, porque gusto delas.
Pero cando sei que as levan para agradarme a min concretamente… entón é marabilloso.

Non porque leven medias. É o detalle. Por pensar en min cando eu non estou.



Nai
5 Febreiro 2007, 7:59 pm
Gardado en: pequenas pegadas

Cando a vexo na casa ca súa filla e penso na fama que esta muller ten na cidade.
Cando penso no parvo do seu home, e no ben que deixa que lle poñan os cornos, e vexo como xoga ela ca súa filla.
Quen o diría.
Ninguén pensaría sen coñecela que esta muller leva un forno onde outras só levan cona.
Din que ás mulleres non lles gusta o sexo. Sei que iso é falso polo que eu coñezo, pero no caso desta muller pensaba que non tiña outra cousa na cabeza. Até que a vin ca súa filla.
Non acredito moito niso do instinto de nai, mais neste caso non hai outra explicación.

nai.jpg



Un ano despois
1 Febreiro 2007, 4:04 pm
Gardado en: pequenas pegadas

Hai xa un ano coñecín á doceciña.
Foi nunha cea de amigos.
Gustoume.
Gustoume ela e tamén o seu sostén, que deixaba ver ben ás claras.

Ten un sorriso bonito, sorrí ca boca e cos ollos. E ten as fazulas arreboladas cando vai algo de calor.
Semella que nunca rompeu un prato, e ainda así… Hai algo na súa ollada que di o contrario.

Eu, despois de falar con ela, intuín que quería algo comigo e propuxen que marcharamos.
Non veu, e foillo contar, así que marchei, á najwa.

Era lóxico que me enterara. En realidade tardei ben pouco en sabelo.
Ainda así, calei coma unha puta (ainda sabendo que se enterara todo o mundo na cea).

Coincidín con ela hai pouco noutra cea do mesmo grupo de amigos, non a volvera ver desde aquela.

Insistín, cunha táctica semellante, ou diferente, tanto ten.
O caso é que desta vez pareceulle mellor, tivemos un pequeno achegamento e mesmo rexistreina enteira para ver se levaba armas. Non as levaba. A cousa non puido chegar a mais esa noite por motivos varios.

Non vou agardar un ano mais. Ainda que ¿quen ten presa?

loira.jpg



Bióloga
23 Xaneiro 2007, 10:44 pm
Gardado en: pequenas pegadas

Entrei na cociña e ela estaba alí, na esquina.
Non chamou a miña atención. Nin moito nin pouco. Nada.
Eu daquela andaba detrás da conductora (as veces encima e tamén debaixo) e estaba na súa casa, mais ese non foi o motivo de non prestarlle atención. O único que pasou foi que non me fixei abondo. Lembro que había unha pizza na mesa, pero non a roupa que ela levaba. Nin sequera mirei moito ós seus ollos, se cadra porque había pouca luz.

Tempo despois comecei a coincidir con ela noutros lugares, con outra xente. Pasara mais dun ano da primeira vez que a vira. Entón si. Entón vin aqueles beizos que ten, eses ollos enormes, que miras dentro e xa non és quen de sair. E caín dentro deles.
beizos.jpg
Non lembro como chegamos alí, pero teño unha imaxe na cabeza dela contra unha parede e eu contra ela, meténdolle man, bicándoa, lambéndoa, dicíndolle que quería foder nela.
Foi alguén mais importante para min do que debera. Aquela noite, e outras que viñeron despois, fixeron cambiar algo importante na miña vida, e todo a causa dela.

Se cadra non foron os seus beizos nin os seus ollos os que me fixeron tolear. Cando penso moito no tema venme á cabeza a imaxe dela camiñando, movéndose, rindo, movendo a cabeza, …

Esta rapaza é un animal, ou pode que fora que espertou ó animal que eu levo dentro.

208.jpg



escolla case ó chou
19 Xaneiro 2007, 8:48 pm
Gardado en: pequenas pegadas

Unha noite saín cunha xente distinta.
Todos, todos, descoñecidos. Homes e mulleres que só tiñamos unha cousa en común: estabamos fora da casa, no mesmo hotel de Madrid.

Ó final da noite fomos quedando só catro, dous homes e dúas mulleres. A historia estaba clara, ainda que non estivera repartida. Claro, como non nos coñeciamos de antes…

Unha das dúas rapazas tiña pinta de querer marcha. Non sei seguro por que, pero penseino así que a vin, supoño que as sensacións á primeira ollada non son sempre erradas.
A outra era mais roqueira, e tampouco tiña mala pinta. Así que, vendo que o outro rapaz era moi parado, ataquei ás dúas. Por turnos, mais ás dúas. Funlles ‘comendo a orella’ ós poucos durante a noite, a ver se algunha das dúas daba sinais de querer darse ó coitelo.

Nun momento dado, unha das rapazas separouse algo dos outros dous e eu medio biqueina. A cousa medio quedou en nada, medio quedou para mais tarde. No taxi, indo os catro xuntos, ela facíame agarimos ca man ás agochadas.

Eu preguntei o piso de cada un: a dos agarimos e o outro rapaz no primeiro, eu no segundo, e a que tiña pinta de querer marcha, que era a que mais me prestaba, no terceiro. A decisión estaba tomada.

Cando subimos díxenlle á rapaza que a acompañaba ó seu piso e no ascensor ó despedila, biqueina. Biqueina con paixón, non de despedida. Non foi de despedida, porque baixou comigo de volta ó meu piso e fodemos coma cans a media noite que quedaba.

Cando levábamos media hora fodendo, alguén petou na porta.
Estaba espido, así que tardei en abrir, e cando cheguei non había ninguén.

Pode que un veciño estivera anoxado polo ruido e chamara á recepción ou viñera en persoa. Eu prefiro pensar que era a outra moza, que viñera buscando o que eu tan claro lle deixara e tan de supeto deixara marchar.

En fin, un soño non convertido en realidade (aquel día)

¿Vos credes que era a rapaza, ou non?

dousmellor.jpg



Non me fodas no camiño
15 Xaneiro 2007, 7:10 pm
Gardado en: pequenas pegadas

Foi unha noite curiosa.
Ela díxome á orella que non levaba sostén, e que o tiña por costume.

Eu, bébedo como andaba, boteille a man a unha teta. Era verdade, non levaba sostén, nin falta que lle facía, que se sostiña moi ben sen axuda.

Ela, podendo meterme unha lavazada ou darme co xeonllo nos collóns, preferíu sorrir.
Non son eu de facer estas cousas así ó bravo, pero no momento ocorreuseme, e mira ti.

De alí a un pouco marchamos do bar e fomos para outro, xa os dous sós. Eu sabía que o outro bar ainda non abrira, ela tamén, supoño. De feito, tanto tiña se abrira ou non, porque non chegamos.

Paramos nun recuncho da cidade, non había ninguén. Alomenos na rua. Nas dez ou vinte fiestras que tiñamos diante, no momento que chegamos tampouco. Non estiven vixiando, igual algún veciño fixo unha palla á nosa conta, porque alí mesmo botamos un polviño. E digo polviño, porque foi algo rápido. Despois ela convidoume á súa casa, pero eu xa non tiña mais gaña de festa por esa noite.

Un detalle que non me gustou, ainda que sexa case norma, é que debaixo do vestidiño levaba pantis. Para foder na rua non son o mais aconsellable, hai que se descalzar ou foder co panti a media perna.
Neste caso fodemos só medio espidos e deitados no chan de pedra. O sitio moi malo, o polviño moi bo. A repeter cando ela queira.

pantis.jpg



máxica
9 Xaneiro 2007, 11:37 pm
Gardado en: pequenas pegadas

Comecei a tremer coma un vimbio. Notei que algo remexía o meu interior. Mireina. A súa respiración era rápida, coma se fora un animaliño asustado. Sóubeno. Ela, igual ca min, sabía que era o momento.

ven

Non se falou mais.



Animal
8 Xaneiro 2007, 5:26 pm
Gardado en: pequenas pegadas

Nunha viaxe a Sevilla perdínme do grupo. Bébedo como estaba perdínme e nunca mellor cousa fixen.
Atopei unha morena sevillana que me acolleu na súa casa e na súa cama por unhas horas.

A mala idea fora beber tanto, cousa que perxudicou as actividades da noite.
Con todo botamos un ferrete e non houbo mais queixa que a de non ser quen de repetir.
sevillana.jpg
Despois fun ó baño e deixeille un recordo do meu paso, coma se fora un can sinalando o territorio (ou ainda mais). Unha boa ducha e marchei para o meu hotel. Gracias a un taxista que me levou, se por min fora ainda estaba alí.
Non teño noticia do que ela dixo ó entrar no baño, nin sei dela mais que o seu nome