as miñas mulleres


chaqueta
12 Xaneiro 2007, 6:25 pm
Gardado en: najwa

Gustáronme os seus ollos.
Sentada ó meu carón na mesa durante a cea, seguimos falando toda á noite.
Cando xa estabamos de retirada levoume á casa no seu coche. Despedinme e marchei.

Marchei non. Marchaba, porque esquecín a chaqueta.
Foi o mellor que puiden facer na miña vida.

Cando asomei o corpo dentro do coche para recollela tiven un impulso, pero non lle agasallei con flores, cominlle a boca.

Fomos para a súa casa e estivemos fodendo toda a noite.

najwa.jpg

Non lembro que chaqueta era aquela. Que ben fixen en esquecela.