as miñas mulleres


fodemillo
31 Xaneiro 2007, 5:16 pm
Gardado en: quen a pillara

Atopei que alguén entraba nas miñas historias guiado desde as de outros.
Historias dunha usuaria, dunha lore de Fisterra, de alguén que fode, e agora tamén dun froito moi apetitoso.

Vai haber que facer unha reunión desto do fodemillo, para ver as caras uns ós outros… As caras e o que cadre.
E xa falan de nos, que vin que chegaban de un e de outro lado.

Que falen se queren. Nas reunións do fodemillo, polo de agora, non haberá ainda voyeurs.

dso08.jpg



Humidade
27 Xaneiro 2007, 5:36 pm
Gardado en: escultora

Pasou tempo, pero lembro a noite como se fora hai pouco.
Non houbo sexo, pero foi unha boa noite. Igual que sempre contigo.

E levara unha sorpresa. Ó meter a man no teu vaqueiro e atopar a túa humidade, non a agardaba.

E si, gustoume cando meteras a man no meu paquete para coller o meu carallo. Ainda que non o comeras. Ainda que quedará só alí, un par de bicos e mais nada.

Houbo momentos mellores despois, pero aquela noite estivo moi ben. E tamén descubrín outras cousas que non sabía de ti.

cu.jpg



O meu segredo
26 Xaneiro 2007, 8:51 pm
Gardado en: Uncategorized

Voulles contar o meu segredo.
Hai xa moitos anos merquei un libro…

segredo.jpg



Veleno
25 Xaneiro 2007, 3:35 pm
Gardado en: debuxante

Estás a primeira na miña lista.

Quero que me mordas, ates, rabuñes.
Quero que me fodas.

Se que és perigosa, tóxica, e estás a primeira na miña lista de velenos. ¿Vasme matar?

¿Poderei alomenos escoller o xeito no que vou morrer?

Quero morrer co pracer ¿ou era ca dor? ¿irán as dúas cousas xuntas? Podiamos probar.

Petarei na túa porta.

img_5822.jpg



Bióloga
23 Xaneiro 2007, 10:44 pm
Gardado en: pequenas pegadas

Entrei na cociña e ela estaba alí, na esquina.
Non chamou a miña atención. Nin moito nin pouco. Nada.
Eu daquela andaba detrás da conductora (as veces encima e tamén debaixo) e estaba na súa casa, mais ese non foi o motivo de non prestarlle atención. O único que pasou foi que non me fixei abondo. Lembro que había unha pizza na mesa, pero non a roupa que ela levaba. Nin sequera mirei moito ós seus ollos, se cadra porque había pouca luz.

Tempo despois comecei a coincidir con ela noutros lugares, con outra xente. Pasara mais dun ano da primeira vez que a vira. Entón si. Entón vin aqueles beizos que ten, eses ollos enormes, que miras dentro e xa non és quen de sair. E caín dentro deles.
beizos.jpg
Non lembro como chegamos alí, pero teño unha imaxe na cabeza dela contra unha parede e eu contra ela, meténdolle man, bicándoa, lambéndoa, dicíndolle que quería foder nela.
Foi alguén mais importante para min do que debera. Aquela noite, e outras que viñeron despois, fixeron cambiar algo importante na miña vida, e todo a causa dela.

Se cadra non foron os seus beizos nin os seus ollos os que me fixeron tolear. Cando penso moito no tema venme á cabeza a imaxe dela camiñando, movéndose, rindo, movendo a cabeza, …

Esta rapaza é un animal, ou pode que fora que espertou ó animal que eu levo dentro.

208.jpg



escolla case ó chou
19 Xaneiro 2007, 8:48 pm
Gardado en: pequenas pegadas

Unha noite saín cunha xente distinta.
Todos, todos, descoñecidos. Homes e mulleres que só tiñamos unha cousa en común: estabamos fora da casa, no mesmo hotel de Madrid.

Ó final da noite fomos quedando só catro, dous homes e dúas mulleres. A historia estaba clara, ainda que non estivera repartida. Claro, como non nos coñeciamos de antes…

Unha das dúas rapazas tiña pinta de querer marcha. Non sei seguro por que, pero penseino así que a vin, supoño que as sensacións á primeira ollada non son sempre erradas.
A outra era mais roqueira, e tampouco tiña mala pinta. Así que, vendo que o outro rapaz era moi parado, ataquei ás dúas. Por turnos, mais ás dúas. Funlles ‘comendo a orella’ ós poucos durante a noite, a ver se algunha das dúas daba sinais de querer darse ó coitelo.

Nun momento dado, unha das rapazas separouse algo dos outros dous e eu medio biqueina. A cousa medio quedou en nada, medio quedou para mais tarde. No taxi, indo os catro xuntos, ela facíame agarimos ca man ás agochadas.

Eu preguntei o piso de cada un: a dos agarimos e o outro rapaz no primeiro, eu no segundo, e a que tiña pinta de querer marcha, que era a que mais me prestaba, no terceiro. A decisión estaba tomada.

Cando subimos díxenlle á rapaza que a acompañaba ó seu piso e no ascensor ó despedila, biqueina. Biqueina con paixón, non de despedida. Non foi de despedida, porque baixou comigo de volta ó meu piso e fodemos coma cans a media noite que quedaba.

Cando levábamos media hora fodendo, alguén petou na porta.
Estaba espido, así que tardei en abrir, e cando cheguei non había ninguén.

Pode que un veciño estivera anoxado polo ruido e chamara á recepción ou viñera en persoa. Eu prefiro pensar que era a outra moza, que viñera buscando o que eu tan claro lle deixara e tan de supeto deixara marchar.

En fin, un soño non convertido en realidade (aquel día)

¿Vos credes que era a rapaza, ou non?

dousmellor.jpg



Non me fodas no camiño
15 Xaneiro 2007, 7:10 pm
Gardado en: pequenas pegadas

Foi unha noite curiosa.
Ela díxome á orella que non levaba sostén, e que o tiña por costume.

Eu, bébedo como andaba, boteille a man a unha teta. Era verdade, non levaba sostén, nin falta que lle facía, que se sostiña moi ben sen axuda.

Ela, podendo meterme unha lavazada ou darme co xeonllo nos collóns, preferíu sorrir.
Non son eu de facer estas cousas así ó bravo, pero no momento ocorreuseme, e mira ti.

De alí a un pouco marchamos do bar e fomos para outro, xa os dous sós. Eu sabía que o outro bar ainda non abrira, ela tamén, supoño. De feito, tanto tiña se abrira ou non, porque non chegamos.

Paramos nun recuncho da cidade, non había ninguén. Alomenos na rua. Nas dez ou vinte fiestras que tiñamos diante, no momento que chegamos tampouco. Non estiven vixiando, igual algún veciño fixo unha palla á nosa conta, porque alí mesmo botamos un polviño. E digo polviño, porque foi algo rápido. Despois ela convidoume á súa casa, pero eu xa non tiña mais gaña de festa por esa noite.

Un detalle que non me gustou, ainda que sexa case norma, é que debaixo do vestidiño levaba pantis. Para foder na rua non son o mais aconsellable, hai que se descalzar ou foder co panti a media perna.
Neste caso fodemos só medio espidos e deitados no chan de pedra. O sitio moi malo, o polviño moi bo. A repeter cando ela queira.

pantis.jpg



chaqueta
12 Xaneiro 2007, 6:25 pm
Gardado en: najwa

Gustáronme os seus ollos.
Sentada ó meu carón na mesa durante a cea, seguimos falando toda á noite.
Cando xa estabamos de retirada levoume á casa no seu coche. Despedinme e marchei.

Marchei non. Marchaba, porque esquecín a chaqueta.
Foi o mellor que puiden facer na miña vida.

Cando asomei o corpo dentro do coche para recollela tiven un impulso, pero non lle agasallei con flores, cominlle a boca.

Fomos para a súa casa e estivemos fodendo toda a noite.

najwa.jpg

Non lembro que chaqueta era aquela. Que ben fixen en esquecela.



morreu un mito
11 Xaneiro 2007, 3:28 pm
Gardado en: quen a pillara

Descubrir unha muller fermosa e facer dela un sex symbol: convirtete en millonario.

Casar con ela: non ten prezo

Converterse en bígamo ó casar con ela: insuperábel.

addio, Carlo!

loren_sophia_carlo_ponti_1.jpg



minutos musicais
10 Xaneiro 2007, 7:14 pm
Gardado en: quen a pillara

Non só de pan vive o home

winditup.jpg

Esta muller emprega na súa imaxe multiples fetiches tópicos.
Case ningún é o meu.

¿E non pasará por aquí?

Ese sorriso…

Comments Off


Perfume
10 Xaneiro 2007, 6:31 pm
Gardado en: coelliña

Hoxe cheirei novamente o seu perfume.
Non era ela, e ainda así sentinme coma entón.
Sentín amor, medo a perdela e mais que nengunha otra cousa, ganas de foder nela.
Xa pasou o tempo e non lembro case as conversas con ela, só lembro aquelas tetas que tiña, e o seu cú.
Mi madriña, que cú, daba gloria bater contra el, estrullalo forte cas mans, mordelo…
coellinha8.jpg

O Carolina Herrera que ela lle roubaba á súa nai agora ábreme as portas da memoria.

Aqueles ferretes ás agachadas sabían a Gloria.



máxica
9 Xaneiro 2007, 11:37 pm
Gardado en: pequenas pegadas

Comecei a tremer coma un vimbio. Notei que algo remexía o meu interior. Mireina. A súa respiración era rápida, coma se fora un animaliño asustado. Sóubeno. Ela, igual ca min, sabía que era o momento.

ven

Non se falou mais.



Animal
8 Xaneiro 2007, 5:26 pm
Gardado en: pequenas pegadas

Nunha viaxe a Sevilla perdínme do grupo. Bébedo como estaba perdínme e nunca mellor cousa fixen.
Atopei unha morena sevillana que me acolleu na súa casa e na súa cama por unhas horas.

A mala idea fora beber tanto, cousa que perxudicou as actividades da noite.
Con todo botamos un ferrete e non houbo mais queixa que a de non ser quen de repetir.
sevillana.jpg
Despois fun ó baño e deixeille un recordo do meu paso, coma se fora un can sinalando o territorio (ou ainda mais). Unha boa ducha e marchei para o meu hotel. Gracias a un taxista que me levou, se por min fora ainda estaba alí.
Non teño noticia do que ela dixo ó entrar no baño, nin sei dela mais que o seu nome



Reparto previo
6 Xaneiro 2007, 1:32 am
Gardado en: conductora

Amosárama o meu compañeiro de piso, baixando unhas escaleiras. -Esa é ela- Non foi que as repartiramos tal cual, pero entre bombeiros está ben non pisar as mangueiras. Á noite facíamos unha festa no noso piso e viña ela e mais as súas amigas.Díxenlle algo dos seus ollos mentras lle amosaba algo pola fiestra e non foi só por lle agradar, descubrinos no momento.

Non imaxinaba daquela que esa noite ela perdería a virxinidade comigo. O primeiro coito, algo tan sobrevalorado…

conductora2.jpg

Non sei se ela o seguirá lembrando, eu estaba bébedo e pouco lembro, agás a mancha que deixou na saba.



unha noite ca escultora
5 Xaneiro 2007, 8:05 pm
Gardado en: escultora

O soño dun home na cama feito realidade.
Come ben, moi ben, e con gaña, e traga por propia vontade (sen que eu llo pedira, igual tiña fame).
escultora.jpgNon fixemos sexo anal, mais ela non se negou, mesmo dixo que lle prestaba ás veces.

Foron horas moi intensas, cheas de paixón (non soaría ridiculo se estiveras alí) e tamén de tenrura.

O dito, un soño de muller. Magoa ter que espertar, ainda que tal como me deixou o carallo, mellor que fora asi para que non me caera.